SÉS NO CPI DE CASTROVERDE
Con moita ilusión, as alumnas de 4º de ESO do CPI de Castroverde propuxeron a visita da cantante galega SÉS para impartir unha charla pola celebración do Día da Muller. María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. A actividade está dirixida ó alumnado de 4º de ESO e a todas as persoas que desexen asistir. Terá lugar no salón de actos do CPI de Castroverde a partir das 13:25 horas do venres 6 de marzo de 2015. O título da conferencia é : " Sexo e xénero: o que é realmente o feminismo"
|