Este venres, os alumnos e alumnas de segundo ciclo de primaria teremos un concerto-convivio con Sergio Tannus. Sergio Tannus é un músico, vocalista e multi instrumentista procedente do Brasil e afincado en Galicia que desenvolve unha vertixinosa actividade musical que o levan a subirse a escenarios de toda Europa xunto con artistas da talla de Uxía Senlle, Dulce Pontes etc.
Actualmente ten editado o seu propio disco chamado Son Brasilego, no cal mixtura ritmos e sonoridades propios do seu país de orixe cos propios da tradición de Galicia nunha proposta verdadeiramente innovadora e orixinal que esta a ter unha moi boa acollida.
Nesta sesión-concerto Tannus amosaranos os instrumentos de corda e percusión propios da tradición do Brasil e achegaranos aos diferentes ritmos, melodías e cancions populares para despois transportarnos cara a un mundo de fusión, no que se mixturan coas músicas de Galicia.