Estimadas familias de 1º da ESO:
Desde o centro queremos convidarvos a unha reunión que vai ter lugar o próximo luns, 13 de setembro, ás 19:00.
O motivo é presentarvos as principais características da nova etapa educativa que van comezar os vosos fillos e fillas, a ESO (acceso, horarios, organización académica...).
Nesta reunión aínda non poderemos indicarvos como se vai distribuír o alumnado por grupos, nin de quen serán os titores ou titoras, mais confiamos en que a información que tratemos vos sexa de utilidade a vós e aos vosos fillos e fillas.
Saúdos,
A Dirección.