ACTUALIZADO A 19/3/2020 PARA AS DÚAS MATERIAS:
Propoñemos ao alumnado o seguimento das unidades de Matemáticas a través do libro de texto. Dadas as características da materia de Matemáticas e a imposibilidade nosa de impartir leccións presencialmente, aportamos como apoio, en cada unha das dúas materias, un enlace a un portal en rede con numerosos exemplos e actividades explicadas con detalle.
O alumnado realizará as actividades propostas nos boletíns que colgamos para cada materia, que son non avaliables, pero sí absolutamente recomendables para non perder o fío na materia.
NOVIDADES IMPORTANTES (actualizado a 19/3/2020):
Imos ir colgando aquí as novidades de Matemáticas. ESTADE ATENTOS A ELAS, POR FAVOR.
1. Correos de contacto dos profesores, para consultas, dúbidas, actividades, etc.
cpiarcamatdavid@gmail.com
cpiarcamatcarlos@gmail.com
2. O alumnado que non teña nestes momentos libro de texto, pode contactar co seu profesor (David ou Carlos), e farémosvos chegar unha licenza para que dispoñades do libro dixital.
3º de ESO Académicas:
ENLACE
Actualizado a 19/3/2020: Boletín de actividades para realizar da unidade 12: Funcións lineais e cadráticas.
3º de ESO Aplicadas:
ENLACE
Actualizado a 19/3/2020: Boletín de actividades para realizar da unidade 8: Sistemas de ecuacións.