Eventos
Xa están dispoñibles para consultar as listaxes definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2023-2024.
Lembramos que o prazo para a formalización de matrícula é:
- EI - EP: do 20/06/2023 ao 30/06/2023
- ESO: do 23/06/2023 ao 10/07/2023
A formalización da matrícula debe facerse na secretaría do centro.
No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ poden acceder á información publicada pola Consellería para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
O prazo remata o 21 de xuño de 2023 incluido.
As solicitudes poden realizarse por vía telemática ou presencialmente na secretaría do centro.
Está aberto o prazo desde hoxe e ata o día 7 de xullo para a solicitude de novas paradas de transporte escolar.
Con carácter xeral, non se autorizarán desviacións de itinerarios de transporte escolar nos que existan menos de 2 quilómetros de distancia da parada solicitada ao domicilio familiar.
Poden descargar o impreso que figura como documento adxunto.
A tramitación realizarase desde a secretaría do centro.
Desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023 está aberto o prazo para solicitar as bolsas de axudas
para o alumnado que presenta Necesades Específicas de Apoio Educativo
<><><> |