Enlace ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega:
O 15 de novembro celebramos a nivel de centro o magosto.
Contamos con xogos populares, degustación de castañas e ata con dúas gaiteiras que nos amenizaron a degustación.
Podedes ver as fotos no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/4mpqktwcxsQMtMd47
Neste final de mes de outubro puxémonos mans a obra para celebrar o Samaín no centro a través de varias actividades:
- Contadas nos recreo na biblioteca e nas aulas ó alumnado de infantil.
- Decoración do centro con cabazas, mazorcas de millo e vasoiras.
- Concursos de lápidas (ESO), relatos (3º,4º, 5º e 6º de primaria) e debuxos de medo (infantil, 1º e 2º de primaria).
E xa no propio día da celebración (30 de outubro), celebramos á tradicional queima dos medos, visitamos o túnel do medo e fixemos entrega de premios os/as gañadores/as dos concursos, parabéns os/as afortunados/as!
Podedes ver que ben o pasamos no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/UVjNvi2VSeLmr7kn7