AQUÍ temos as recomendacións para este Nadal 2017 destinadas ó alumnado de primaria.
Ei! Vas participar no concurso de Postais de Nadal?
Vén inspirarte á biblio coa nosa exposición de libros pop-up!
Hoxe o alumnado do Club de lectura "Libros ao Cabo" recibiu uns billetes de tren para entrar no andén 9 e 3/4. Desde alí foron levados á biblioteca do cárcere de Azkabán, onde, para poder saír e regresar deberon solucionar unha serie de enigmas cos que recuperar o diario de Tom Riddle.
Para iso tiveron que traballar en equipo e usar a súa intelixencia, mais tamén algúns obxectos máxicos: libros de feitizos, variñas, lámpadas para tinta invisible...
Esta semana o volutariado de biblioteca e o equipo estamos especialmente contentos, pois somos un dos vinte primeiros centros escollidos para traballar neste proxecto de alfabetización múltiple.
O noso voluntariado de biblioteca segue a botarnos unha man co etiquetado dos libros e a decoración para as exposicións e celebracións. Aquí podedes ver a algunhas das integrantes: Sheila, Andrea, Carolina e Saray, colocando as novas letras das estanterías:
Este ano os departamentos de Bioloxía e Matemáticas colaborappron coa Biblioteca para a exposición de novembro sobre Ciencia en galego e o resultado é este:
Elementos do laboratorio e libros sobre diversas disciplinas científicas mesturados con paneis exllicativos sobre a presenza das Matemáticas, as Ciencias e as Artes na obra de Dalí. Non podes perdelo!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »