Skip to Content

biblioteca

Blog da biblioteca

Fai clic nesta ligazón para acceder ó blog da biblioteca.

Recomendacións lectura verán

No seguinte documento adxunto podedes consultar as lecturas recomendadas para o verán

 

Letras Galegas 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

O xoves 13 de maio o alumnado da ESO do CPI Cabo da Area rendeulle unha homenaxe a Xela Arias, escritora a quen a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas en 2021. No acto, celebrado no pavillón municipal, os alumnos e as alumnas de todos os cursos leron unha selección de poemas de distintos libros desta singular poeta: Intempériome, Darío a diario ou Denuncia do equilibrio. Alén dos versos de Xela Arias, Daniel Allo de 4º ESO tamén recitou un poema que seu pai escribiu cando o seu avó mariñeiro se xubilou. Por outra banda, o alumnado da materia de Música interpretou varias composicións musicais, entre elas o Himno de Galicia. Coa esta celebración quixemos tamén enxalzar a riqueza do noso patrimonio cultural e, en especial, valorizar ese inxente tesouro que nos deixaron en herdanza os nosos devanceiros: a nosa lingua!


Accede ás fotos do acto facendo clic na GALERÍA

 

Accede a un VIDEO do acto.

Letras Galegas 2021

Achegamos os premiados no concurso das Letras Galegas 2021

 

Blog Da Biblioteca

Prema AQUI para ir ao blog da biblioteca

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas.

Para lembrar ó autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, e celebrar a riqueza léxica da nosa lingua, as voluntarias de Biblioteca de 4º da ESO crearon un cartel coa súa palabra favorita. Moitas gracias! Podédelo ver no PDF adxunto.

Recomendacións lectoras dos alumnos de ESO

Os alumnos e alumnas da ESO tamén se animaron a facer recomendacións lectoras o pasado mes do libro. Poderedes ver as mellores nos PDF adxuntos. Gracias a todos os participantes!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE 6º B

  Tamén Ainhoa, Cristina e Idaira de 6º B se animaron a facer as súas recomendacións, que veredes nos PDF adxuntos. Gracias!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DOS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA

  Os rapaces e rapazas de 5º do CPI Cabo da Area son grandes lectores e, xa que este mes se celebrou o Día do Libro, comparten con nós os títulos que máis lles gustan. Poderalos ver no PDF adxunto.

  Moitas gracias!

Distribuir contido


by Dr. Radut