Skip to Content

Ed. Secundaria

Programación Didáctica Matemáticas (Curso académico 2018-2019)

Podedes consultar aquí a Programación Didáctica de Matemáticas para este curso 2018-2019, referente aos catro cursos da E.S.O.

Por fin o fermoso cartel de "Poéticas diversas" decora a nosa biblio!

Tardou en chegar, pero por fin o temos con nós: trátase do cartel oficial das Bibliotecas Escolares deste curso 2018-2019, o cal xira en torno das Poéticas diversas. Dende logo, é ben suxerente...

"Magnetismo" (1 trimestre)

A visualización das liñas dun campo magnético, a xeración deste, así como a observación das correntes de Foucault, o péndulo de Curie e a desviación da agulla dun compás na presencia dun imán foron algúns dos aspectos que aprendemos neste curioso experimento de magnetismo.

 

"Makey Makey" (1 trimestre)

Tamén no primeiro trimestre o Club de Ciencias experimentou cunha placa informática e outros utensilios para crear un circuito pechado que servira como teclado para o noso ordenador.

"Foguetes de auga" (1 trimestre)

A rapazada do Club de Ciencias fixo no primeiro trimestre o experimento chamado "Foguetes de auga", cuxo obxectivo é comprender o tiro parabólico e introducir a forza de rozamento do aire.

 

Hoxe recibimos os agasallos pola participación no Certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, no marco do FIOT carballés!

Esta semana escoitamos na Hora de ler o podcast do ensaio xeral do texto "As sete ananiñas" gravado na radio do centro (Radio Rat) días antes de participar no certame de Carballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut