Skip to Content

HOTEL CANTERVILLE: NEW EXPERIENCE AT THE THEATRE

O pasado 19 de febreiro todo o alumnado da ESO asistiu como en anos anteriores á representación dunha obra teatral en inglés. A compañia Face2Face representou Hotel Canterville, unha disparatada historia cunha mixtura de referencias culturais como a pantasma (alusión á obra de Oscar Wilde A pantasma de Canterville), e o cantante Elvis Presley. Na obra participaron "actores noveles" escollidos dentre o público, e entre eles o noso alumno Borja Martínez de 2º ESO, quen estivo francamente ben en su papel de 'ascensor'.

O día completouse coa visita á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán por parte do alumnado de 3º e 4º, ao tempo que os de 1º e 2º facían un roteiro polos lugares emblemáticos das Irmandades da Fala.

Esperamos que disfrutárades do día!



page | by Dr. Radut