Skip to Content

PROXECTO LANDRAS

Este curso imos levar a cabo o “Proxecto Landras” que é unha iniciativa mediambiental deseñada pola asociación “Contramínate” e que consiste na repoboación de espazos naturais do concello de Laxe con árbores autóctonas. O alumnado de todas as etapas vai traballar en diferentes actividades entre as que destaca a plantación de carballos, castiñeiros e acivros. A vindeira semana (do 6 ao 10 de novembro) o alumnado do CPI Plurilingüe Cabo da Area comezará o proxecto con esta actividade que se desenvolverá co seguinte horario:

 

LUNS 6 - 3º e 4º ESO

MARTES 7 - 1º e 2º ESO

MÉRCORES 8 – 4º, 5º e 6º primaria

XOVES 9 - 1º, 2º e 3º de primaria.

VENRES 10 - Educación infantil.

 

A asociación que dirixe o proxecto vai acondicionar o espazo elexido para a repoboación e para isto solicita colaboración de pais e nais. ASÍ POIS, CONVÓCASE A TODOS AQUELES PAIS E NAIS QUE DESEXEN COLABORAR NA PREPARACIÓN DO ESPAZO DE TRABALLO O DOMINGO 5 DE NOVEMBRO ÁS 11 HORAS NO MIRADOR DOS VOLUNTARIOS.

Tamén se pide a colaboración de pais e nais para axudar os días MARTES 7, MÉRCORES 8 e XOVES 9 durante o desenvolvemento da actividade.

 

Se recorda que os rapaces deben levar roupa e calzado axeitado para esta actividade no exterior.

 

Moitas gracias pola vosa colaboración.

 

 

 

CONSULTA 

PROXECTO LANDRAS 

ubicación


page | by Dr. Radut