Skip to Content

OPINIÓNS SOBRE PEL DE LOBO

Opinións do alumnado de 1º ESO  sobre a última lectura do curso: Pel de lobo, de Xosé Miranda:

HECTOR: Gustoume todo, excepto o feito de que os lobos sacaran a pel.

ELOY: Gustoume moito o libro, xa que me gustan as historias de lobos e de cazadores. E está cheo de aventuras chulísimas. Recomendaríao.

ÓSCAR: Gustoume porque é entretido e é sobre caza, pero tamén hai amor. É bastante bonito, aínda que bota algo de medo.

LAURA: Encantoume este libro, porque é unha historia preciosa. O que máis me gustou foron detalles como que a historia estáballa contando Xosé aos seus netos. O que menos me gustou foi que Bal morrera.

NOA: gustoume moito o libro, porque é unha cousa distinta ao que estou acostumada a ler. Tamén megustou porque está entretido e o que máis me gustou foi o final.

CELIA: O libro está entretido e misterioso, porque cando o empezas a ler non sabes o que vai pasar.

DIEGO: pareceume un libro entretido, gustoume porque acaba cun final feliz e é bastante curto.

UXíA: Gustoume o libro porque tenche entretida ata o final, que é sorprendente.

ISABEL: O libro gustoume. Ten moito misterio e intriga e faste preguntas que che deixan pensando un anaco.

 



book | by Dr. Radut