Skip to Content

ANÁLISE DE CÓMICS EN 3º e 4º

En 3º e 4º da ESO este mes lemos cómics de Demo Editorial e analizámolos seguindo as fichas que podedes descargar premendo nas portadas.

 

lobos de moeche             man do diaño

Estas son as portadas e os títulos antibelicistas dos traballos de 4º:

 

portadas

 

E aquí tedes algunhas opinións do alumnado sobre as obras:

OS LOBOS DE MOECHE de Manel Cráneo

CANDELA BARCIA: A min os cómics non me gustan, pero, a pesar diso, para a miña opinión o argumento do libro está bastante ben, pois dunha maneira entretida cóntache o que foron as Guerras Irmandiñas.

MARÍA LEMA: Para ser o primeiro cómic que leo, xa que en xeral non é que me gusten moito, este pareceume bastante interesante, xa que explica a historia de Galicia e o abuso que recibía a xente do pobo por parte dos nobres.

INÉS JORGE: Este cómic gustoume, non é un dos meus favoritos, pero é interesante como se desenvolve a historia. 

ÁLVARO BARREIRO: A min este cómic gustoume porque está baseado nas guerras e gústanme os cómics de acción.

SAMUEL SUENA: Gustoume bastante; este tipo de cómics da antigüidade con viñetas tan boas encántanme. Opino que é moi doado de ler.

LUÍS VÁZQUEZ: Gustoume porque descoñecía bastante dese período da historia galega e mentres me divertía, aprendía. Tamén, Manel Cráneo fixo un bo traballo coas ilustracións.

 

A MAN DO DIAÑO de Brais Rodríguez:

ERNESTO BOLÓN: Estou de acordo con que neste cómic son moi importantes as elipses. Recomendo que a xente o lea porque é moi entretido e fácil de ler.

VÍCTOR TOJA: O libro gústame, aínda que me gustaría que máis personaxes tivesen unha transformación semellante á do protagonista, xa que el deixa as armas e gustaríame que os demais tamén o fixesen.



book | by Dr. Radut