Skip to Content

APERTURA PRAZO DE SOLICITUDE DO SERVIZO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Todas as familias do alumnado interesado en utilizar o servizo de comedor escolar durante o vindeiro curso 2024/2025 deberán presentar na secretaría do centro o impreso correspondente que contén un modelo de autodeclaración da renda correspondente ao ano 2023 (pulsar aquí para acceder a el). Presentarase entre o 25 de xuño e o 8 de xullo de 2024 (ambos incluídos) en horario de 10:00 a 14:00 horas.


Xuntamos, ademais, as instrucións para cubrir a solicitude (pulsar aquí para descargar).


No taboleiro interior do centro publicarase a seguinte información:

  • Listaxe provisional de usuarios/as admitidos/as no servizo do comedor escolar: 9 de xullo de 2024.
  • Prazo para a realización de alegacións á listaxe provisional de admitidos/as: do 09 ao 15 de xullo de 2024. 
  • Listaxe definitiva de usuarios/as admitidos/as no servizo do comedor escolar: 16 de xullo de 2024


page | by Dr. Radut