Solicitude de reserva de praza para o curso 2023/2024
O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o alumnado que cambia de etapa educativa e desexa continuar estudos no centro de adscrición o curso 2023-2024 será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.
Poderán solicitar a reserva de praza para este centro o alumnado do EEI de Traba e do CEIP de Torrexallóns para o vindeiro ano académico 2023/2024.
Asimesmo, o alumnado de 4º de ESO deste centro que vaia cursar 1º de bacharelato no IES Eduardo Pondal de Ponteceso no vindeiro ano académico 2023/2024, poderá solicitar a reserva de praza neste centro.
A devandita solicitude de reserva, que se achega no ficheiro adxunto, poderase presentar no centro no que o alumno está matriculado neste curso ou por internet na aplicación de admisionalumnado.
Ficheiros adxuntos: