DATAS NAS QUE SE PUBLICARÁN AS LISTAXES DO FONDO DE LIBROS (DE 3º PRIMARIA A 4º DE ESO) E NAS QUE SE ENTREGARÁN OS VALES COAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR E DE LIBROS:
-
Listaxe provisional das solicitudes admitidas e excluídas: 11/07/2022
-
Reclamacións á listaxe provisional: 12/07/2022 e 13/07/2022
-
Listaxe definitiva cos libros asignados a cada alumna/o: 14/07/2022
-
Entrega dos vales para adquirir o material escolar e libros: Do 14/07/2022 ao19/07/2022 (horario de 10:00 a 13:00 horas). Quen non recolla os vales estes días poderá facelo a partir do 01/09/2022.
As listaxes do fondo de libros poderanse consultar na aplicación fondolibros, identificándose previamente coa Chave 365 ou co certificado dixital. Así mesmo, as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro situado no interior do centro.
Os libros de préstamo asignados ao alumnado entregaránse despois do comezo das clases en setembro 2022.
IMPORTANTE: DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2021/2022.
- En Educación Primaria deberán devolver os libros como data límite o derradeiro día clase.
- Na ESO devolveránse os libros o luns 27 de xuño, día no que se entregarán en papel as notas.
- Os libros devoltos deberán estar en bo estado, validos para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso seguinte, sen nomes, sen escribir neles nin subliñados ou rotos.De non facelo así, ademais de quedar excluídos de posteriores axudas ou do uso do fondo solidario, a Consellería podería iniciar un expediente de reintegro da axuda concedida.