FONDO LIBROS E AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023.
Prazo presentación solicitudes: 19/05/2022 - 22/06/2022
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirrir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 22/23 (código de procedemento ED330B).
Lembrade que se pode tramitar a petición do fondo solidario tanto presencialmente na secretaría do centro como telemáticamente.
- Solicitude en papel: ANEXO I e ANEXO II
- Solicitude sede electrónica
IMPORTANTE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Anexo I (Solicitude) Modelo ED330B.
- Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia DNI en vigor de todos os membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno o os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- 1º Certificado ou volante de convivencia.
- 2º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se poida xustificar co libro de familia, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.