Skip to Content

CANDO DEBE VOLVER A CLASE UN NENO OU UNHA NENA EN ILLAMENTO OU CORENTENA?

Con carácter xeral, o illamento dun caso confirmado da COVID-19 durará cando menos 7 días. Aos 7 días, e sempre que pasaran 3 días sen síntomas, sen necesidade de ningunha proba diagnóstica, o caso confirmado poderá abandonar o illamento e reincorporarse ao centro, extremando as medidas preventivas outros 3 días.

A corentena domiciliaria dos contactos estreitos debe manterse durante os 7 días seguintes ao último contacto co caso, sempre que se obteña un resultado negativo na proba de control. Unha vez transcorrido este período, a persoa en corentena deberá seguir medidas de vixilancia por contacto ata pasados 10 días do último contacto co caso.

Durante o período de vixilancia unicamente poderá realizar actividades esenciais (ex.: acudir ao centro educativo ou realizar compras básicas). Cando se realicen estas actividades esenciais, deberá seguir as seguintes indicacións: 

  • Manter a distancia de seguridade con outras persoas de polo menos 1’5 metros.
  • Usar sempre a máscara
  • Non realizar actividades que impliquen quitar a máscara se non pode asegurar a distancia de seguridade (ex.: comer ou beber en presenza doutras persoas), incluído no domicilio cos seus conviventes.
  • Lavar as mans con frecuencia.

No caso de non realizar proba diagnóstica durante a corentena, polo motivo que sexa, deberá prolongarse a corentena ata pasados os 10 días do último contacto co caso.

Estas medidas son extraídas do seguinte documento publicado pola Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria. CLICK AQUÍ

 



page | by Dr. Radut