Skip to Content

SOLICITUDE COLABORACIÓN EN COMEDOR ESCOLAR

Bos días, desde a escola e desde o novo equipo directivo, consideramos o “comedor escolar” como un espazo máis de “ensino e aprendizaxe” no que poden participar tódolas persoas que formamos a comunidade educativa: alumnado, familias e profesorado. Así pois, pedímosvos que tomedes parte no bo funcionamento do noso comedor, participando como coidadoras/es, coa posibilidade de asumir o rol de encargado/a. 

É importante que cada ano se presente xente nova, posto que desta maneira todo o mundo ten a oportunidade de coñecer o comedor e implicarse, polo tanto, no seu bo funcionamento. 

Por suposto, agradecemos a continuidade de quen leva “anos” aportando o seu apoio e traballo. 

Xa por último, lembrámosvos que o prazo para presentar as solicitudes como colaboradoras/es e encargada/o está vixente ata o mes de decembro, non obstante, pedimos e agradecemos que ao longo do mes de xullo fagades chegar ao centro as vosas solicitudes (tedes solicitudes á vosa disposición en secretaría) para que dende aquí poidamos organizar con tempo o traballo do mellor xeito posible.

 Moitas grazas e un cordial saúdo.

 Equipo Directivo



page | by Dr. Radut