Coidado do Entorno
SON ALGO MÁIS QUE PEDRAS
Dende o CPIP Cabo da area de Laxe, e en relación ao proxecta que se traballa no centro, elaboramos uns carteis a favor de coidar e preservar o entorno dos Penedos de Traba e Pasarela.
Dicir que non estamos en contra da enerxía eólica, pero si da colocación de aeroxeradores preto dun espazo xeomorfolóxico único declarado pola Xunta Paisaxe Protexida e dunha zona de especial importancia para as aves como é a lagoa de Traba.
Cremos que os Penedos e a súa contorna é un dos espazos próximos que ofrece un gran patrimonio natural e paisaxístico ( penedos, lagoa, praia, vistas...) para desfrute e proveito por parte da nosa rapazada tanto das xeracións actuais como das futuras.