CORRE, CORRE CABACIÑA POR 4ºA
O xoves 3 de novembro, os nenos e nenas de 4º A de primaria, recibiron a visita dos usuarios do Centro de Día de Cuntis co motivo da conmemoración do Samaín. O alumnado representoulles o conto "Corre corre cabaciña", e os maiores agasalláronlles cunhas sobremesas chamadas Dedos de Bruxa, feitas por eles mesmos.