Skip to Content

VISITA Á ESCAVACIÓN DE CASTROLANDÍN

Soubemos pola Fundación Terra Termarum que andaba estas semanas un equipo de arqueoloxía de campaña en Castrolandín. Fomos convidadas a visitar o espazo e coñecer da man das persoas responsábeis a importancia do xacemento e a finalidade da escavación actual.

Finalmente, puideron ser organizadas visitas con charla para todo o alumnado da ESO. Entre a semana pasada e esta aproveitaron parte da mañá para ir de paseo até o castro e recibir unha charla por parte do director da campaña, o arqueólogo Carlos Otero.

Ademais, algúns dos grupos de EP, aínda que non puideron ser recibidos polo equipo, subiron para velos traballar.

Nas charlas o alumnado mostrou interese e curiosidade por saber máis dun dos elementos patrimoniais máis importantes do Concello. Ao tempo, o grupo de 2ºB está a gravar un documental onde nos contarán que aprenderon estes días.

 

 



book | by Dr. Radut