ANPA:
Enlace para descargar o formulario de inscripción
Ola! somos a directiva da ANPA Beriamar do noso cole. Informámosvos de que é unha ANPA e para que serve así como da importancia que ten a vosa colaboración.
QUE É UNHA ANPA?
Unha ANPA é unha asociación integrada por pais e nais do alumnado do colexio no que se atopan os/as seus fillos/as.
A pertenza á mesma é voluntaria e pódese permanecer como asociado/a durante todo o tempo que os/as nosos/as fillos/as permanezan no centro.
A ANPA é unha canle fundamental de participación dos pais e nais na comunidade escolar.
FINALIDADE DUNHA ANPA
Colaborar nas actividades educativas dos centros docentes.
Son as responsables de:
- A existencia das actividades extraescolares xa que a súa organización depende das ANPAS.
- Organizar actividades formativas complementarias en beneficio de pais e alumnado.
- Asistir os pais e nais en todo aquelo que concierne á educación dos seus fillos/as.
- Representar os pais e nais no Consello escolar.
- Informar e asesorar os pais e nais das actividades propias da ANPA.
- Potenciar a participación da familia na vida do centro.
- Promover a calidade educativa.
- Colaborar co profesorado e o alumnado para o bo funcionamento do centro.
- Fomentar a convivencia entre a comunidade educativa.
- Promover o principio de igualdade de dereitos de todos/as os alumnos/as, sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.
POR QUE PARTICIPAR NUNHA ANPA?
Como nais e pais queremos o mellor para os nosos fillos e fillas e para o axeitado desenvolvemento da súa personalidade, co fin de que aprendan a superar dificultades, convivir con todos e respectar as diferenzas e impulsar un modelo integrador e valente de Escola Pública, que non se limite a preparar intelectualmete, senon que prepare para a vida e para, desde a solidariedade, mellorar as relacións sociais.
As ANPAS existimos porque sabemos que a pasividade supón unha complicidade con quen move os fíos para debilitar a Escola Pública.
Todas as persoas e entidades que defendemos a Escola Pública e queremos desenvolver un modelo participativo, democrático e de calidade temos que loitar contra os recortes e para que non haxa un retroceso nos logros que con tanto traballo se foron conseguindo ó longo dos anos.
Os pais e nais temos que participar porque participando exercemos un dereito democrático, damos exemplo de cidadanía ós nosos fillos e fillas e cumprimos un deber cívico e ético coa sociedade.
QUE SE OFRECE ÁS FAMILIAS SOCIAS DA ANPA?
- INFORMACIÓN actualizada sobre temas de interese educativo: becas, xornadas, cursos, actividades para os nenos/as.
- MEDIACIÓN nos conflitos que puideran xurdir entre unha familia e o centro.
- DESCONTOS nas cotas de: actividades extraescolares que se realizan no colexio, en posibles saídas e excursións dos nenos/as ou de convivencia de toda a familia.
- A vía para facer chegar as demandas, propostas, opinións dos pais e nais ó Equipo directivo do centro, ó Consello Escolar ou a calquera outro organismo.
Outros motivos que son os que fundamentan realmente a existencia dunha ANPA serían que, a través dela:
- As familias podemos ser escoitadas no colexio e nas Administracións competentes en materia de educación respecto ó que pensamos sobre a educación que están a recibir os nosos fillos/as.
- Podemos estar ó día como nais e pais do que acontece no lugar onde os nosos fillos/as pasan 5 horas de luns a venres durante 9 meses; ese tempo é maior ás veces do que nós podemos pasar con eles/as.
- Formamos parte da comunidade educativa. O colexio non é só o profesorado e os alumnos/as, tamén formarmos parte del as nais e pais.
A participación no colexio e na educación dos nosos fillos a través da ANPA é unha cuestión de RESPONSABILIDADE das familias. Esta asociación como calquera outra pode ser o que os seus integrantes queiran que sexa, centrándose máis nuns aspectos ou noutros, pero que para que funcione mínimamente, son necesarias familias que queiran ou poidan invertir algo do seu tempo nela.