Este curso será outra vez o Concello o encargado de ofertar as actividades extraescolares
LUGAR DE INSCRICIÓN:
Rexistro do concello: de 9:00 a 14:00h.
Último día de inscricións: 25 de setembro.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
• Ficha de inscrición cuberta.
• Fotocopia do dni do alumno/a (ou libro de familia).
• Volante de empadronamento (soamente no caso de que no dni non poña a dirección de
Valdoviño e para confirmar a residencia no concello).
PRAZAS:
Adxudicaranse por orde de inscrición.
SOLO SE INFORMARÁ AOS ALUMNOS/AS QUE NON OBTIVERAN PRAZA.
En caso de que a demanda supere o número de prazas ofertadas, as prazas asignaranse por orde
segundo a data de inscrición e coa seguinte prioridade:
• 1º Alumnos/as dos centros educativos de Valdoviño e residentes en Valdoviño.
• 2º Nenos/as residentes en Valdoviño.
• 3º Alumnos/as dos centros educativos de Valdoviño e residentes fóra de Valdoviño.
• 4º Nenos/as residentes fóra de Valdoviño.
En caso de prazas libres ou baixas na actividade solicitada, poderán realizarse inscripcións durante
o curso.
As actividades que non teñan un número mínimo de prazas cubertas se anularán.
DURACIÓN DO CURSO: de outubro a maio.
Non haberá actividades os días festivos e nos periodos de vacacións do calendario escolar.
BAIXAS:
Coa firma da ficha de inscrición o alumno/a inscríbese para todo o curso, de outubro a maio.
En caso de querer darse de baixa na actividade deben informar ó concello, por correo
electrónico(deportes@concellodevaldovino.com) ou cun escrito presentado no rexistro municipal.
CUOTA MENSUAL : 10€/mes por cada actividade.
Excepto a actividade de PISCINA que será de 27€ (inclúe o desprazamento).
FORMAS DE PAGO:
Coa inscrición entregarase unha folla informativa sobre as formas de pago.
Coa firma da ficha de inscrición os pais/nais dos alumnos/as comprométense a realizar o pago da
actividade nos 7 primeiros días do mes; e a entregar (ou enviar por correo) o xustificante de pago.
En caso de que non se realice o pago procederase á baixa do alumno/a e entrará outro no seu
lugar.