A HISTORIA DO CPI DE ATIOS
A nosa andaina como centro educativo comenza un 7 de febreiro de 1969. Por aquel entón, o Concello aprobaría a compra duns terreos en Valdoviño para a construcción do centro escolar. O importe deses terreos ascendería a 326.124 das antigas pesetas.
Pasarían catro anos, ata que se constituíse o primeiro claustro de profesores do xa coñecido como Colexio Público de E.X.B. de Atios.
Moitos foron os discentes e docentes que pasaron polo noso centro, moitas foron as persoas que contribuíron a facer do noso centro un lugar onde aprender, onde compartir, onde disfrutar...
A todos eles hai que agradecerlles o seu esforzo e traballo. Non debemos esquecer que gracias a eles, hoxe estamos aquí. Foi un árduo proxecto que tivo á fronte os seguintes directores:
D. Leandro Freire Infiesta.
D. Braulio Rodriguez Zas.
D. Juan Dapena Veiga.
D. José Luis Bacarelle Beceiro.
Dª. Mª Pilar Bouzón.
D. José Antonio Martínez González.
Dª. Mª Carmen Hermida García.
Dª. Gloria Margaride.
D. Gerardo Juan Pazos García.
Dª. Teresa de Jesús Dopico Rivera.
Dª. Delfina Bañobre Durán.
D. José Antonio Martínez González.
Dª. Delfina Bañobre Durán.
O tempo foi pasando, e como é lóxico, as instalacións fóronse deteriorando ou mesmo quedando pequenas, polo que nos últimos anos, asistimos a contínuas remodelacións na estructura inicial do edificio, remodelacións nas que se engadiron por primeira vez as aulas de educación infantil.
O acondicionamiento ás necesidades do alumnado e do profesorado fíxose de vagar, mais será no 1997 cando se precise restructurar o centro para transformalo no CPI de Atios.
O Ensino Secundario Obrigatorio empeza desde ese ano a ofertarse no centro e xa que logo, as obras non rematarán ata o 1998. Un novo edificio albergará as aulas das novas especialidades LOXSE, aulas como as de tecnoloxía, educación plástica e visual, música, pedagoxía terapeutica, orientación, laboratorios...
Os nenos van medrando e con eles o CPI de Atios. Os últimos cambios que se veñen realizando foron o derrubamento do pavillón polideportivo para a construcción do ximnasio.
Seguimos en obras, somos conscientes de que ás veces non se levan a cabo coa celeridade que deberan, somos conscientes de que, se cadra, outras moitas aulas do centro deberían estar mellor acondicionadas. É un traballo que leva tempo, e niso estamos.
Traballamos cun único fin: OFERTAR ÓS ALUMNOS AS MELLORES INSTALACIÓNS E POR SUPOSTO, UN ENSINO DE CALIDADE A TODOS OS NIVEIS.