A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poñerá en marcha por primeira vez este ano a Semana STEM para fomentar o espírito científico e tecnolóxico do alumnado galego.
Os contidos da SEMANA STEM inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque maker, a creatividade e a motivación para mellorar as súas competencias STEM.
ENLACE Á CONVOCATORIA
Dende o centro educativo decidimos dirixila ao alumnado de 2ºda ESO do presente curso 2017-18, que o curso pasado tiveron a materia de Programación de 1º da ESO.
A "SEMANA STEM" desenvolverase fora do centro, do 3 ao 9 de decembro do 2017. (Lugar sin determinar) .
Cubre os gastos de aloxamento, manutención, monitores e materiais para desenvolver as actividades, seguro médico e de responsabilidade civil.
Os pais correrán cos gastos de desplazamento ata o lugar da actividade e de recollida para á volta á casa.
Autorización que deberán asinar os pais e entregar no centro antes do venres 15 de setembro
Esta autorización tamén se pode cubrir en rede, clicando neste enlace (para os pais/nais que non puideron asistir á reunión)