Skip to Content

E.D.L.G.

Recursos Letras Galegas 2024

Boas!

Un ano máis celebramos as Letras Galegas, desta volta dedicadas a Luísa Villalta.

Déixovos un enlace a uns recursos interesantísimos para poder traballar ao longo da mañá de mañá, mentres non baixamos aos Maios, ou en calquera outro momento do mes das Nosas Letras.

Os materiais son de "A primavera das letras", máis adecuados para a xente máis miúda (ou para calquera!), e doutros recursos que hai coma o Seminario Galán e demais.

Hai incluso actividades con pictogramas, para ter en conta as Necesidades Educativas.

Que os gocedes.

E que vivan as nosas escritoras e escritores!

MENÚ DO DEPARTAMENTO

Día do Orgullo Neofalante

O pasado 27 de setembro, celebrouse e celebramos no centro, o Día do Orgullo Neofalante, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ferrolterra (servizo eliminado, por certo, e que facía unha gran labor), nos concellos de Cabanas, Mugardos, Neda, Valdoviño e Ares.

Co gallo da conmemoración do nacemento do músico Andrés do Barro, que acadou cotas de éxito inéditas cantando en galego, afondouse na música como recurso para promover competencias e actitudes en positivo cara á lingua galega.

Nesta edición, foi da man do equipo da Cooperativa Ferrolá Rexenerando, (impartido por Andrea Rico Adega), que deseñou unha proposta de intervención socio-educativa para desenvolver co alumnado dos centros de ensino da comarca a través do obradoiro “Somos un pobo de artistas”, frase que fixo célebre Xurxo Souto no seu xa mítico programa musical na Radio Galega “Aberto por reformas”.

No noso centro, a proposta materializouse nuns podcast realizados polo alumnado de 4º da ESO, elaborados grazas á colaboración da súa profesora de Lingua e Literatura Galega, Luísa Pita Rubido.

Podedes escoitar o traballo do alumnado picando aquí.

A gozar da música en galego!! que é moita, variada e boísima!

Bases concurso postais de Nadal

CONSULTA AS BASES AQUÍ, POSTO QUE A IMAXE NON SE VE MOI BEN

Letras Galegas 2023

Coma cada ano chega maio, e con el o Día das Letras, adicado desta volta a Francisco Fernández del Riego.

Este curso, como non podía ser doutro xeito, elaboráronse varios materiais para poder traballar sobre o autor homenaxeado, dende distintos centros e institucións.

Deixo a continuación o enlace que leva á páxina da Primavera das Letras, onde hai materiais propios e un enlace a outros materiais, tamén moi interesantes, como poden ser os do Seminario Galán, e cos que xa está traballando xente de Primaria, para que poidades acceder a eles e coñecer un pouco máis a este escritor.

Hai actividades moi interesantes para tódolos niveis, así que non deixedes de botarlles unha ollada!

Nestes días, irei subindo fotografías de tódalas actividades que se farán no centro nesta Semana das Letras.

A gozar da nosa lingua!!

Poesía e Imaxe 2023

     Outro curso máis que o noso cole participa no Poesía e Imaxe; e outro curso máis, que non podemos estar máis fachendosas do noso alumnado, porque todas as obras que se presentaron, tódalas posibles, unha por categoría, FORON PREMIADAS!!

     Encántanos ver como pouco a pouco, a lingua vai calando na xentiña miúda e como o fai ademais, deixando sacar as mellores destrezas artísticas dela.

     Deixo a continuación, as fotos do día da recollida de premios.

     Parabéns!!

Premio colectivo á aula de 6º de Infantil

Premio a Enzo Hermida Fariñas de 1º Primaria

Manuela Fraga Mesía e Carolina Rodríguez Doce de 6º B (esquerda)

e Blanca Hervada López e Amalia Pena Bustabad de 3º A da ESO (dereita)

Dúas das gañadoras, coa súa profesora de Plástica Alicia González Alonso,

sempre disposta a guialas a un bo resultado

Bases do concurso "Carmela Loureiro" 2023

Xa saíron as bases do Carmela Loureiro deste curso.  Neste outro enlace, deixo as bases xerais para tódolos cursos.

Resúmoas para facilitarvos o labor:

- Microrrelatos: deben comezar coa frase "Ás veces é difícil dicir a verdade", non exceder das 150 palabras e presentarse cun título.

- Micropoemas: non deben exceder os 6 versos.

Debemos deixar escollidos os textos o 21 de abril, posto que a data límite de entrega é o 26 e este curso, coma o outro, hai que presentalos por Rexistro, e cunha declaración xurada incluída.  Así que non podemos demorar.

Calquera dúbida, por mensaxe.

Graciñas e animade ao alumnado!!

Recitado de poesía Carvalho Calero 2022-2023

Hoxe paso por aquí para deixarvos o vídeo do Recitado de poesía no que o noso centro participou o pasado mes de outubro, organizado polo CENLF.

Todas as intervencións son marabillosas, pero se queredes ir directamente á nosa, é a partir do minuto 7 e 28".

Graciñas ao alumnado que participou e ao profesorado que o animou a facelo ou aportou ideas para poder acudir.

Foi unha experiencia que gustou, e sen dúbida, o curso que vén, repetiremos!

Orla anxos amorosos 22/23

Quen é quen na orla amorosa de Atios?

Participa no concurso expresando a túa opinión a través do formulario que vos ofrecerá o alumnado de 4º de ESO, e déixao despois na urna que hai en Secretaría.

Como encher o formulario? Moi doado!:

Na orla hai 44 anxiños amorosos, que se corresponden cos nomes das persoas que hai no formulario.  Pon ao lado de cada nome, o número de anxiño que pensas que é cada quen.  Pica nos seguintes enlaces para ver as fotos: orla I - orla II.

Podes cubrir máis dun formulario se queres.  O prazo remata o 14 de febreiro.

Para a persoa gañadora, haberá un fantástico premio!

Anímate a participar!!!

Resultado de imagen de cupido

SOLUCIÓN

XXIII Certame Poesía e Imaxe

A continuación, deixo as bases para participar no XXIII Certame de Poesía e Imaxe organizado pola CENL e o Concello de Ferrol.

E neste outro enlace, tedes acceso aos poemas.

Importante: a selección dentro do centro ten que ser antes do 28 de febreiro!!

Animádevos a participar e calquera dúbida, consultádeme.

Distribuir contido


by Dr. Radut