1º premio no IX Concurso Galego de Robótica de Igaciencia e Fundación Barrié
- Departamentos e Ciclos:
Os alumnos de Tecnoloxía Raúl Caneiro (2ºESO) Iago Barros (3ºESO), Alejandro Arroyo, Christian Rodríguez e Mateo Vizoso de 4º da ESO, o xoves día 4 de maio,acadaron o 1º premio na categoría de 2º a 4º da ESO, no IX Concurso Galego de Robótica,organizado por IGACIENCIA e a FUNDACIÓN BARRIÉ onde participaron máis de 60 centros educativos de todo Galicia, e máis de 2200 alumnos.
Tiveron que clasificarse para a final o xoves 27 de abril, acadando un total de 49 puntos nos distintos retos propostos, que lles garantizou un posto entre os tres finalistas das edicións de A Coruña e Vigo.
O día da final resolveron 4 desafíos con comodidade, e tempo suficiente para melloralos engadindo efectos extra (caras, sons...)
Demostraron que son un gran equipo e que terán un futuro prometedor nas novas tecnoloxías.
PARABÉNS EQUIPAZO!!
O premio consistiú nun robot LEGO EV3 para o centro educativo, que axudará a ampliar o equipamento do taller de tecnoloxía e do "obradoiro de robótica"
Clicando na imaxe, accederedes ao album de fotos da final