50 rapazas e rapaces de Atios no IX concurso galego de robótica
- Departamentos e Ciclos:
Onte 27-04-2017 50 alumnas e alumnos do CPI de Atios de 5º, 6º de primaria,1º, 2º ,3º, e 4º da ESO, que participan no Obradoiro de robótica, concursaron no IX Concurso Galego de Robótica que organiza Igaciencia xunto coa Fundación Barrié, conseguindo moi boa puntuación nos desafíos propostos.
4 dos equipos que participaban na categoría de primaria acadaron 27 puntos empatando con outros 4 equipos, tendo que ir a sorteo para decidir que dóus equipos pasaban á final, e.... non houbo sorte, unha mágoa polas rapazas e rapaces de primaria que o fixeron fantástico!
En canto á categoría de secundaria, un dos nosos equipos conseguiu 49 puntos, á máxima puntuación en A Coruña, o que nos clasificou para participar na final, e decidir así 1º, 2º ou 3º posto de todo Galicia, que será o vindeiro xoves día 4 de maio na Fundación Barrié de A Coruña
Moita sorte rapazas e rapaces, e parabéns, xa que o fixestes fantástico!!
Clicando nas imaxes accederás ao album de fotos.