Día do Orgullo Neofalante
- Departamentos e Ciclos:
O pasado 27 de setembro, celebrouse e celebramos no centro, o Día do Orgullo Neofalante, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ferrolterra (servizo eliminado, por certo, e que facía unha gran labor), nos concellos de Cabanas, Mugardos, Neda, Valdoviño e Ares.
Co gallo da conmemoración do nacemento do músico Andrés do Barro, que acadou cotas de éxito inéditas cantando en galego, afondouse na música como recurso para promover competencias e actitudes en positivo cara á lingua galega.
Nesta edición, foi da man do equipo da Cooperativa Ferrolá Rexenerando, (impartido por Andrea Rico Adega), que deseñou unha proposta de intervención socio-educativa para desenvolver co alumnado dos centros de ensino da comarca a través do obradoiro “Somos un pobo de artistas”, frase que fixo célebre Xurxo Souto no seu xa mítico programa musical na Radio Galega “Aberto por reformas”.
Podedes escoitar o traballo do alumnado picando aquí.
A gozar da música en galego!! que é moita, variada e boísima!