Skip to Content

Regueifando a Xela Arias!

A nosa profe Rosa Pazos García, e o seu alumnado de 6º B de Primaria, xunto co alumnado do CEIP Soutelo de Montes, crearon unha actividade suuuuper chula para rendir homenaxe a Xela Arias durante os días de celebración das Letras Galegas.

Decidiron aprender cousas sobre a autora e amosalas ao mundo a través dunha Regueifa.  Como bo desafío que é, o alumnado foise retrucando en turnos por ver quen era o que máis dominaba o tema.

Quen gañará???  Podedes velo picando na imaxe.

Parabéns pola iniciativa aos dous centros!



story | by Dr. Radut