Skip to Content

A Xunta Directiva da ANPA Beiramar convoca unha Asamblea Xeral Ordinaria

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

Estimadas familias:

A Xunta Directiva da ANPA Beiramar convoca unha Asamblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o xoves 10 de

outubro de 2019 na Casa de Cultura ás 18 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en

segunda convocatoria. A orde do día será:

1. Renovación da Xunta directiva. Presentación de candidatos e constitución da nova Xunta directiva.

2. Memoria de actividades do curso 2018-2019 e previstas para o curso 2019-2020.

3. Estado de contas.

4. Aportacións e consultas.

A ANPA precisa da axuda de persoas implicadas e dispostas a traballar polo ben dos nosos fillos e fillas.

Toda colaboración é necesaria e benvida sempre, pero ademáis nesta ocasión precisamos renovar os cargos

da Xunta Directiva. Se estades dispostas e dispostos a formar parte dela, por favor, acudide á Asamblea.

Se non vos fora posible asistir pero queredes colaborar, poñédevos en contacto coa ANPA por teléfono,

whatsapp, correo electrónico ou deixando os vosos datos no buzón da ANPA.

Por outra banda, estamos traballando en colaboracións con algunhas empresas que ofrecerán descontos ou

outras vantaxes para os socios da ANPA. Por iso, ao finalizar a asamblea farase entrega de CARNÉS DE

SOCIO xa que serán necesarios para identificarse como tal.

Correo: anpabeiramar.atios@gmail.com Tlf: 649 703 348



blog | by Dr. Radut