MAIOS E LETRAS GALEGAS 2018
- Departamentos e Ciclos:
Un ano máis esperamos con impaciencia as dúas grandes festas do ano: os Maios e as Letras Galegas. Na presente edición a festa da lingua e a cultura foi adicada á escritora Mª Victoria Moreno Márquez, de quen queremos ensalzar a súa figura de muller comprometida coa nosa cultura e a nosa lingua; muller escritora, artista e docente; muller referente onde as haxa.
Desde o E.D.L.G. do centro reivindicamos a igualdade para as mulleres no eido da cultura. Como pode ser que en 55 anos de celebración das Letras Galegas soamente a catro das nosas grandes escritoras se lle adicara tal data? E que non hai mulleres dabondo merecedoras de tal honra? Queremos facer visíbel a nosa indignación e, seguindo a traxectoria do noso proxecto anual Diferentes Na Igualdade, seguiremos a traballar co noso alumnado para tratar de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria que saiba recoñecer ás persoas polo que valen e son, independientemente da súa orixe, cultura, raza ou sexo.
En canto á Festa dos Maios, o E.D.L.G. quere agradecer a todas as persoas que colaboraron dalgún xeito na súa preparación: ao persoal non docente, nais e profesoras que compartiron a tarde anterior os preparativos, ás familias que mandaron flores (especialmente á familia Hermida Suárez, sen a que non sería posible montar a marabillosa alfombra deseñada por Alicia González, coa colaboración imprescindibel de Ana Ramos, Dolores e Reyes), aos responsables da cafetería, a Christine (a nosa auxiliar de conversa, que tanto traballou e desfrutou os dous días),a todos os docentes que achegaron ao alumnado para participar na montaxe dos maios e da alfombra floral e ao Equipo Directivo pola súa axuda e apoio incondicional.
Pero unha mención a parte de agradecemento merece o noso ALUMNADO INCONDICIONAL, ENTREGADO, ALEGRE, FANTÁSTICO, MARABILLOSO... Sen eles non sería posíbel a benvida á primavera.
FELIZ MAIO!!! dicían os nenos e nenas . E así dicimos desde o Equipo a todas e todos vós, cos desexos de que na primaveras das nosas vidas xermolen os agromos que nos permitan seguir desfrutando cada ano destas Festas tan marabillosas.