Estamos a mediados de febreiro, xa pasaron dous meses e medio desde que plantamos. Durante estes meses, por quendas, vimos ao invernadoiro a ver as nosas verduras, airear, regar e sacar as malas herbas. Moitos días non puidemos vir porque co que está chovendo hai días que é imposible saír da escola, pero aínda así todo vai sobre rodas.
Os brócolis medran fachendosos, cun talo alto e forte.
As plantas dos chícharos xa piden un apoio para comezar a trepar.
E os repolos non hai máis que mirar para eles, da gusto velos.