Para conmemorar o día 8 de Marzo "Día da Muller traballadora "no CPI de Atios, e baixo o lema " TI SI QUE PODES", estiveron 5 nais de alumnas/os do centro, que traballan en ámbitos relacionados coas materias STEAM, para contarlles ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, e 1º e 2º da ESO, en qué consiste o seu traballo.
Ao rematar a charla, repartiron pulseras ás nenas co lema "Ti si que podes"
Clica na imaxe para ver o album de fotos