Skip to Content

Novas

PROBA LOMCE 3º E.P.

con motivo da realización da próxima proba prevista pola LOMCE para 3º de primaria, o pasado día 13, asistimos a unha reunión no CPI onde se informou, por parte do centro, do desenvolvemento da proba, e se deu resposta ás dúbidas que formularon algúns pais, dentro do posible, tendo en conta que a información oficial acerca da proba é un tanto imprecisa nalgúns puntos.

respondendo á solicitude dalgunhas familias, deixámosvos o enlace do noso blogue a través do que podedes acceder á información da confederación de anpas galegas na que, como xa sabedes, estamos integradas como anpa, a través da federación de anpas de ferrolterra.

http://anpabeiramaratios.blogspot.com.es/

Premio Universidade da Coruña ao "Deseño do Robot"

O equipo "Mentes Conectadas" do CPI de ATios, acadou o premio "Universidade de A Coruña " ao "Deseño do Robot"

BRAVO EQUIPO!!!  PARABENSENTREGA PREMIO

PREME AQUÍ SE QUERES VER MÁIS FOTOS

Nova en Ferrol 360

Nova no Diario de Ferrol

Nova na Voz de Galicia

Nova na TVG

O CPI de Atios, na fase preliminar da First Lego League

Este sábado 28 de febreiro o equipo "Mentes Conectadas" do CPI de Atios, participará na fase preliminar da First Lego League, que se celebrará no Campus de Esteiro-Facultade de Humanidades, a partir das 9:30 (entrada público).mentes conectadas

Información sobre a First Lego League

Como chegar?

Horario

¡¡¡ BOA SORTE EQUIPO !!!

NOVO BLOGUE ANPA BEIRAMAR

pais e nais, convidámosvos a visitar o novo blogue da anpa beiramar. gustaríamos que fose un punto de reunión para compartir información e experiencias que esperamos queirades aportar.

contamos co voso apoio para que sexa un proxecto aberto e participativo. podedes deixar os vosos comentarios e propostas. non nos falledes.

http://anpabeiramaratios.blogspot.com.es/

"MÁIS QUE UN TEITO"

informáronnos do cole hai uns días de que o próximo xoves 26 comeza o programa "máis que un teito" promovido polo concello a través dos servizos sociais. queremos animarvos á asistencia a estas charlas participativas que, sen dúbida, van ser un grande apoio na nosa aventura educativa.

 

lembrámosvos que se tedes nenos pequenos e quereres traelos,  no tempo da actividade estarán cos monitores de actividades extraescolares desenvolvendo a actividade de creatividade coas mans

ESPERÁMOSVOS   SorrisoSorrisoSorriso 

FESTIVAL ENTROIDO ANPA

O mércores 11 de febreiro celebramos o entroido cunha festa na casa da cultura.
Pasámolo en grande.
queremos dar as grazas ós mestres de cerimonias Paula, Alba, Susi e David, á profesora e alumnos do curso de cociña que se leva a cabo no colé e que nos axudaron a preparar as lambadas que disfrutamos na festa,a todos os pais e mais que colaboraron dalgunha maneira e a todos os que viñestes a pasar a tarde con nós.

Certame Literario "Carmela Loureiro" 2014

NADAL 2014

Xa está aquí

o nadal!!!! 

 Este ano a anpa vai participar na decoración navideña do patio e desde a directiva querémosvos convidar a compartir a ilusión destas datas poñendo a vosa boliña na árbore.

Se vos animades a colaborar, poñédevos en contacto con nós. Grazas.

O festival de extraescolares será o día 17 ás 5 da tarde.

Preme AQUÍ para máis info.

COMEZAN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2014/15 (ANPA)

NAIS E PAIS, as actividades extraescolares comezan xa. PREMER AQUI

                                                       .

MAGO BENXAMÍN POLO SAMAÍN

O próximo mércores día 31 no CPI Atios terá lugar a actuación do MAGO BENXAMÍN dentro das celebracións previstas polo SAMAÍN e MAGOSTO.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut