Skip to Content

RAP DO CORPO HUMANO

Xa tedes colgado en AtiosTV o primeiro video deste ano. Chega cun pouco de retraso, pero con todos e todas: O RAP DO CORPO HUMANO.

OS TRABALLOS POR PROXECTOS NA PRENSA

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

UNHA VEZ MÁIS O TRABALLO REALIZADO NO COLEXIO TEN RECOÑECEMENTO PÚBLICO. GRAZAS A TODAS/OS. 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/06/02/deberes-modernizan-atios/0003_201306F2C7998.htm

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA E IMAXE 2013

ENTREGA DE PREMIOS “POESÍA E IMAXE 2013”

Como en anos anteriores o alumnado do noso centro participou no Certame de
Poesía e Imaxe, en Galego sen flltro. Os resultados acadados foron
fantásticos xa que acadamos premios en todas as categorías:

IRENE RODRÍGUEZ MARTÍN, 6º A de E. Infantil.

ALBA MÉNDEZ LÓPEZ, 5º A de E. Primaria.

LAURA COUCE BARREIRO, 3ºA de E.S.O.

ELISA PIÑÓN HERMIDA, 4ºA de E.S.O.

JULIÁN FONTICOBA MOURIZ, 4ºA de E.S.O. (TIC´s)

Dende o E.D.L.G. queremos darlles os parabéns a todas e todos eles e
animalos a que sigan defendendo e querendo a nosa lingua galega como
ata agora.

poesia_2013

Impresora 3D

Os compañeiros e compañeiras de 4º de ESO PDC, que
estaban a construír a Imprusiño, a súa impresora 3D, conseguiron
rematalo a tempo para poder amosalo no Día da Ciencia na Rúa, este
sábado pasado na Coruña. A exposición foi todo un éxito, achegouse
moitísima xente polo stand onde estaba Imprusiño, deron moitísimos
parabéns e quedaron moi impresionados polo traballo do equipo, do que
estaban como representantes Rita e Cris.

Até saímos nos medios!


En T5,  11 minutos para o final: http://www.telecinco.es/informativos/informativos_fin_de_semana/Informativos_Fin_de_Semana-Jose_Ribagorda-Carme_Chaparro_2_1598655090.html



Na Galega, minuto 27:20: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-fds-579932


Na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/album/coruna/2013/05/04/dia-ciencia-calle-coruna/01101367686501978341365.htm


Unha aperta

DÍA DO LIBRO 2013

 

DÍA  DO  LIBRO 2013
ADICADO AO ESCRITOR DON ANTÓN CORTIZAS AMADO

 

 

Dende o CPI Atios queremos agradecer públicamente a ANTÓN a súa visita ao centro, recordando as súas fermosas verbas: 

“Abre un libro

e as palabras voarán

sobre as nubes dos teus soños”.

                                                   

    (ANTÓN  CORTIZAS)

 

 

Un ano máis os Equipos da Biblioteca, de Dinamización Lingüística,  xunto co Departamento de Actividades Extraescolares, prepararon a conmemoración do  DÍA  DO  LIBRO homenaxeando ao mestre e escritor  ANTÓN CORTIZAS que, ao longo destes anos, tivo a ben visitarnos para compartir co noso alumnado a súa paixón pola lectura e as marabillosas historias e poesías que somentes el sabe contar dese xeito tan especial, sendo quen de transmitirnos  os seus sentimentos máis íntimos ou as súas vivencias e soños máis profundos.

O acto estivo centrado en diferentes actividades, adaptadas aos distintos niveis educativos do centro. Cos máis pequenos estivemos paseando pola SABANA AFRICANA da man de Antón. Co alumnado de Educación Primaria percorrimos algúns fragmentos da obra de Cortizas, guiados polos nenos e nenas de sexto e achegámonos á nosa querida ex- alumna Noelia a través das palabras do homenaxeado.

GRAZAS!

 

 

ACLARACIÓNS SOBRE O SEGURO ESCOLAR

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

ATIOS TV

 A NOSA CANLE DE TELEVISIÓN EDUCATIVA ATIOS TV...NELA IREMOS AMOSÁNDOVOS O QUE FACEMOS E COMO APRENDEMOS, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!  PINCHADE NA PANTALLA.

PROXECTO COMEDORES ESCOLARES

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

O  Claustro do CPI Atios de Valdoviño rexeita a proxecto de comedores (CONSULTAR AQUI) escolares na reunión celebrada o 09-04-2013 e toma a decisión de enviar a seguinte nota de prensa:

"O Claustro do CPI de Atios-Valdoviño manifesta o seu total desacordo co establecido no borrador do decreto de comedores escolares dos colexios públicos presentado pola Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o vindeiro curso 2013/2014

Consideramos que o ensino público debe garantir a educación de todo a alumnado dun xeito gratuito é de calidade.

Esperamos que se revise a política educativa cara un futuro próximo"

Parabéns aos nosos programadores!

Queremos dar os parabéns aos alumnos que participaron no certame Google Code-In 2012, especialmente a Martín Hermida e Julián Fonticoba de 4º ESO A, que foron uns dos 334 rapaces, en todo o mundo, que foron quen de rematar algunha das tarefas propostas neste concurso internacional.

Esperamos que este sexa o primeiro de moitos retos superados polos nosos coders, e que moitos alumnos e alumnas máis se apunten ás vindeiras convocatorias!

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS ( CONSELLO ESCOLAR)

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

RESULTADOS VOTACIÓN PAIS/NAIS/TITORES/TITORAS LEGAIS

CANDIDATA ELEXIDA : MARIEL VÁZQUEZ VERGARA ( 27 VOTOS)

CANDIDATURAS NON ELEXIDAS: FERNADO VILAR OTERO ( 14 VOTOS) e SONIA CORRAL ALMEIDA ( 9 VOTOS)

VOTACIÓN PROFESORADO

CANDIDATOS/AS ELEXIDOS/AS: ANDRÉS DÍAZ PRIETO (31 VOTOS), DELFINA BAÑOBRE DURÁN (29 VOTOS) e LUISA DE MARILLAC SÁNCHEZ LÓPEZ (13 VOTOS)

VOTACIÓN ALUMNADO

CANDIDATOS/AS ELEXIDOS/AS: ESTEFANÍA CANEIRO YAÑEZ (71 VOTOS) AINHOA PIÑEIRO OTERO (70 VOTOS) e LARA BOUZA TORRES (67 VOTOS)

CANDIDATURAS NON ELEXIDAS: LAURA COUCE BARREIRO (60 VOTOS) E MANUEL DÍAZ LEIRACHÁ (59 VOTOS)

Distribuir contido


by Dr. Radut