Skip to Content

O noso Club de Ciencia

O CPI de Atios acaba de ser selecciónado entre outros  10 centros de todo Galicia, para participar no programa piloto de innovación educativa "Clube de Ciencia" 

Este Clube de Ciencia desenvolverase fora do horario lectivo (martes pola tarde) e poderán participar o alumnadode primaria e de secundaria que teñan interese en indagar na ciencia e responder as súas curiosidades mediante a experimentación.

Horario:

  • Primaria os martes de 16:00 a 17:00, na súa aula

  • Secundaria martes de 16:30 a 17:30 no laboratorio de ciencias

MENÚ

OFERTA EDUCATIVA 2017-18

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Proxecto científico "Adopta morcegos, nin son feos, nin son cegos" para a FLL Galicia 2017

"Adopta morcegos, nin son feos, nin son cegos"

Este é o proxecto científico que o equipo de robótica "FrouxiMakers" presentou a First Lego League Galicia 2017.

Tíñan que investigar sobre un animal do noso entorno e ver como interactúa co ser humano, e como nos favorecemos e perxudicamos mutuamente.

Un animal moi descoñecido e con moi mala imaxe, pero moi importante para a nosa biodiversidade.

Montaxe da maqueta para a First Lego League 2017 Junior

  • Departamentos e Ciclos:

Nenas e nenos, profesoras, nais e pais, aprenderon a montar as maquetas de Lego, a programar o Lego WeDo, mentres se divertiron e traballaron en equipo. 

Isto  é traballo colaborativo, traballo por proxectos, innovación e competencias STEM, que máis se pode pedir.

Gran traballo!! 

Vídeo do equipo FrouxiMakers Junior para a First Lego League 2017

  • Departamentos e Ciclos:

Este vídeo reflicte todo o traballo de investigación que estes pequenos de 2º de Ed. Primaria realizaron sobre a Abella e a Vespa Asiática Velutina.

Trátase dun proxecto dos 44 alumnos das dúas aulas de primaria, que serán representados por estes 6 que aparecen no vídeo. 

Cantas cousas se poden aprender fora dos libros de texto!!!

Todos investigaron , aprenderon e divertíronse, todos son campeóns!!

Moita sorte o sábado 18  de febreiro no Auditorio de FerrolEquipazo.

Estruturas de ruliños de papel

Como proxecto de taller, para condensar e asimilar os coñecementos de debuxo técnico e estruturas, o alumnado de 2ºda ESO, construíu estruturas de ruliños de papel.

Debían pesar menos de 250 gramos, e non superar as dimensións de 20x25x28 cm,

Só poderían estar formadas de papel, cartón e pegamento.

Para conseguir superar o desafío, estas estruturas deberían soportar como mínimo 45 kg (45000 g) de peso.

A proba de carga, consistía en ir poñendo, pouco a pouco, enriba delas libros de texto. 

Algunhas das estruturas soportaron o peso de alumnos!!!

Gran traballo rapaces!!

Album de fotos

Xornada de divulgación sobre os "morcegos"

Roberto Hermida, Doutor en Bioloxía que pertence a Asociación "Drosera"  para o estudo e conservación do medio natural, estivo no CPI de Atios, 

ofrecendonos unha charla divulgativa sobre os "morcegos" unha especie ameazada en Galicia, un animal tan descoñecido coma imprescindible no noso ecosistema,

pois trátase dun mamífero voador, gran controlador de plagas de insectos, importante polinizador e excelente dispersador de sementes.

En definitiva, un animal importantísimo no noso ecosistema, e que axuda a conservar a biodiversidade da paisaxe.

A continuación ensinounos a construír caixas refuxio para os morcegos, que instalamos no patio.

Máis información na páxina "morcegos de galicia"

Repartíronse comecocos sobre morcegos entre todo o alumnado.

Hai unha unidade didáctica "morcegos de galicia" para traballar o tema na aula.

Esta iniciativa partiu do equipo de robótica "FrouxiMakers" que están elaborando o seu proxecto científico "Adopta morcegos, nin somos feos, nin somos cegos" para a súa participación na First Lego League Galicia, o vindeiro 18 de febreiro , no Auditorio de Ferrol.

Tamén fixeron unha enquisa para averiguar o que coñecemos sobre os morcegos, si o desexas, podes averiguar que é o que coñeces sobre os morcegos premendo aquí.

PROPOSTA ORZAMENTO DOS DEPARTAMENTOS E CICLOS

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:
Distribuir contido


by Dr. Radut