Skip to Content

ATIOS VISITA NUREMBERG

Nümberg                      CLICK

Día das Letras Galegas 2017 e homenaxe a Carlos Casares.

Letras galegas 2017

O CPI de Atios celebra o día das Letras Galegas 2017 e homenaxea a Carlos Casares.
Non faltaron lecturas, cantareiras e baile galego!!
Tampouco as fermosas ilustracións da nosa compañeira, a profesora de Ed.Plástica, Alicia González.

(clica na imaxe para ver todas as fotos)

" Os difuntos falaban castelao" de Anxel Fole

teatro

Para rematar a semana adicada a Lingua Galega no Cpi Atios Autorizada, unha mostra de teatro. Os/as alumnos/as de 1º e 2º da ESO representaron un anaco de " Os difuntos falaban castelao" de Anxel Fole, dirixidos pola profesora de Galego LuIsa Pita.

Parabens rapaces, fixéstelo moi ben!!!

(Clica na imaxe para ver todas as fotos)

Os maios 2017 no CPI de Atios

1º premio no IX Concurso Galego de Robótica de Igaciencia e Fundación Barrié

Os alumnos de Tecnoloxía Raúl Caneiro (2ºESO) Iago Barros (3ºESO), Alejandro Arroyo, Christian Rodríguez e Mateo Vizoso de 4º da ESO,  o xoves día 4 de maio,acadaron o 1º premio na categoría de 2º a 4º da ESO, no IX Concurso Galego de Robótica,organizado por IGACIENCIA  e a FUNDACIÓN BARRIÉ onde participaron máis de 60 centros educativos de todo Galicia, e máis de 2200 alumnos.

Tiveron que clasificarse para a final o xoves 27 de abril, acadando un total de 49 puntos nos distintos retos propostos, que lles garantizou un posto entre os tres finalistas das edicións de A Coruña e Vigo.

O día da final resolveron 4 desafíos con comodidade, e tempo suficiente para melloralos engadindo efectos extra (caras, sons...) 

Demostraron que son un gran equipo e que terán un futuro prometedor nas novas tecnoloxías.

PARABÉNS EQUIPAZO!!

O premio consistiú nun robot LEGO EV3 para o centro educativo, que axudará a ampliar o  equipamento do taller de tecnoloxía e do "obradoiro de robótica"

Clicando na imaxe, accederedes ao album de fotos da final

50 rapazas e rapaces de Atios no IX concurso galego de robótica

Onte 27-04-2017 50 alumnas e alumnos do CPI de Atios de 5º, 6º de primaria,1º, 2º ,3º, e 4º da ESO, que participan no Obradoiro de robótica, concursaron no IX Concurso Galego de Robótica que organiza Igaciencia xunto coa Fundación Barrié, conseguindo moi boa puntuación nos desafíos propostos. 

4 dos equipos que participaban na categoría de primaria acadaron 27 puntos empatando con outros 4 equipos, tendo que ir a sorteo para decidir que dóus equipos pasaban á final, e.... non houbo sorte, unha mágoa polas rapazas e rapaces de primaria que o fixeron fantástico!

En canto á categoría de secundaria, un dos nosos equipos conseguiu 49 puntos, á máxima puntuación en A Coruña, o que nos clasificou para participar na final, e decidir así  1º, 2º ou 3º posto de todo Galicia, que será o vindeiro xoves día 4 de maio na Fundación Barrié de A Coruña

Moita sorte rapazas e rapaces, e parabéns, xa que o fixestes fantástico!!


Clicando nas imaxes accederás ao album de fotos.

Día do libro 2017, no CPI de Atios, adicado a Lolo París

Marcapáxinas Dia do libro 2017

AVISO INTERRUPCIÓN TEMPORAL EXTRAESCOLARES

Aínda que mañá, luns 24, se reinician as clases, as actividades extraescolares que se desenvolven no cole quedan suspendidas por seguridade xa que polas tardes traballarán na reparación dos desperfectos. a actividade de piscina segue sen cambios ao realizarse fóra do cole.

Informan de dirección que as entradas e saídas se farán con normalidade e polos sitios de sempre, tanto para os que veñen en transporte escolar como os que veñen en coche particular.

 O servizo de comedor tamén funcionará con normalidade.

I CONCURSO DE DEBUXO PANTÍN CLASSIC

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Gañadores do concurso de Poesía e Imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut