Skip to Content

Tecnoloxía

RAISING ACHIEVEMENT TOGETHER- A VISION FOR EUROPEAN SCHOOLS

- TRABALLO MOVILIDADE GALES 2019

- TRABALLO MOVILIDADE VARSOVIA 2018

- TRABALLO MOVILIDADE GALES 2018

- PRESENTACIÓN DO CENTRO FEITO POLO ALUMNADO

- VIDEOS:

Os seguintes videos foron elaborados para o programa ERASMUS + no que participa profesorado do CPI de Atios, coordinado polo CFR de Ferrol, xunto con outros da comarca de Ferrolterra (IES AS TELLEIRA, IES DE FENE, IES FRAGAS DO EUME).

No primeiro video, os nenos e nenas de 4º de primaria, contan como foi a experiencia da visita de alumnos de Cardiff e Varsovia o pasado mes de outubro.

No segundo video faise unha pequena recopilación de como se traballan as materias STEM no noso cole, e intentamos potenciar o papel da nena e da muller na ciencia e na tecnoloxía.

Participación na First Lego League

O pasado 17 de Febreiro celebrouse no Auditorio de Ferrol, a fase galega da First Lego League, concurso de robótica, ciencia e valores de equipo.

O CPI de Atios estivo representado por dous equipos; o equipo FrouxiMakers Junior que representaba as aulas de 4º de Educación Primaria. E o equipo FrouxiMakers formado por alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO.

Foi unha mañá intensa en emocións e nervios pero tamén de experiencias. Pola tarde todo o alumnado e as familias que o desexaron, puideron visitar diferentes laboratorios da Universidade no Campus de Esteiro en Ferrol. 

Fai clic aquí ou na imaxe para ver o album de fotos

Os medios de comunicación fixeron eco do evento; La Voz de Galicia e a TVG

Retoma a actividade o Club de Ciencia

O pasado 21 de Decembro de 2017 publicouse a resolución definitiva de Centros docentes Públicos para participar no Programa de Innovación Educativa "Club de Ciencia" para o curso 2017/18, onde o CPI de Atios é un dos 30 centros seleccionados de todo Galicia.
Dirixido ao alumnado de 4º, 6º de Primaria e 1º da ESO.
Comezamos o 23 de Xaneiro 2018 de  16:30 a 18:00 h

Participación en Galiciencia 2017

http://www.galiciencia.com/

Os vindeiros días 22,23 e 24 de novembro, 4 alumnoas/os do CPI de Atios; Sara Santiago, Alba Méndez, Iago Barros e Raúl Caneiro, participarán en Galiciencia 2017 ex

poñendo dous proxectos. 

Galiciencia é a maior feira de ciencia escolar de Galicia, celébrase na Tecnópole- Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, Ourense.

O primeiro proxecto de "Ciencia Cidadá" sobre A augua potable en Valdoviño.

O segundo son "unhas gafas para cegos" deseñadas en Fusión 360 e impresas en 3D, con sensores de ultrasonidos e zoadores e motores.

Semana STEM para o alumnado de 2º da ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poñerá en marcha por primeira vez este ano a Semana STEM para fomentar o espírito científico e tecnolóxico do alumnado galego.

 Os contidos da SEMANA STEM  inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque maker, a creatividade e a motivación para mellorar as súas competencias STEM.

ENLACE Á CONVOCATORIA

Dende o centro educativo decidimos dirixila ao alumnado de 2ºda ESO do presente curso 2017-18, que o curso pasado tiveron a materia de Programación de 1º da ESO.

A "SEMANA STEM" desenvolverase fora do centro, do 3 ao 9 de decembro do 2017. (Lugar sin determinar) .

Cubre os gastos de aloxamento, manutención, monitores e materiais para desenvolver as actividades, seguro médico e de responsabilidade civil.

Os pais correrán cos gastos de desplazamento ata o lugar da actividade e de recollida para á volta á casa.

Autorización que deberán asinar os pais e entregar no centro antes do venres 15 de setembro

Esta autorización tamén se pode cubrir en rede, clicando neste enlace (para os pais/nais que non puideron asistir á reunión)

1º premio no IX Concurso Galego de Robótica de Igaciencia e Fundación Barrié

Os alumnos de Tecnoloxía Raúl Caneiro (2ºESO) Iago Barros (3ºESO), Alejandro Arroyo, Christian Rodríguez e Mateo Vizoso de 4º da ESO,  o xoves día 4 de maio,acadaron o 1º premio na categoría de 2º a 4º da ESO, no IX Concurso Galego de Robótica,organizado por IGACIENCIA  e a FUNDACIÓN BARRIÉ onde participaron máis de 60 centros educativos de todo Galicia, e máis de 2200 alumnos.

Tiveron que clasificarse para a final o xoves 27 de abril, acadando un total de 49 puntos nos distintos retos propostos, que lles garantizou un posto entre os tres finalistas das edicións de A Coruña e Vigo.

O día da final resolveron 4 desafíos con comodidade, e tempo suficiente para melloralos engadindo efectos extra (caras, sons...) 

Demostraron que son un gran equipo e que terán un futuro prometedor nas novas tecnoloxías.

PARABÉNS EQUIPAZO!!

O premio consistiú nun robot LEGO EV3 para o centro educativo, que axudará a ampliar o  equipamento do taller de tecnoloxía e do "obradoiro de robótica"

Clicando na imaxe, accederedes ao album de fotos da final

50 rapazas e rapaces de Atios no IX concurso galego de robótica

Onte 27-04-2017 50 alumnas e alumnos do CPI de Atios de 5º, 6º de primaria,1º, 2º ,3º, e 4º da ESO, que participan no Obradoiro de robótica, concursaron no IX Concurso Galego de Robótica que organiza Igaciencia xunto coa Fundación Barrié, conseguindo moi boa puntuación nos desafíos propostos. 

4 dos equipos que participaban na categoría de primaria acadaron 27 puntos empatando con outros 4 equipos, tendo que ir a sorteo para decidir que dóus equipos pasaban á final, e.... non houbo sorte, unha mágoa polas rapazas e rapaces de primaria que o fixeron fantástico!

En canto á categoría de secundaria, un dos nosos equipos conseguiu 49 puntos, á máxima puntuación en A Coruña, o que nos clasificou para participar na final, e decidir así  1º, 2º ou 3º posto de todo Galicia, que será o vindeiro xoves día 4 de maio na Fundación Barrié de A Coruña

Moita sorte rapazas e rapaces, e parabéns, xa que o fixestes fantástico!!


Clicando nas imaxes accederás ao album de fotos.

Proxecto científico "Adopta morcegos, nin son feos, nin son cegos" para a FLL Galicia 2017

"Adopta morcegos, nin son feos, nin son cegos"

Este é o proxecto científico que o equipo de robótica "FrouxiMakers" presentou a First Lego League Galicia 2017.

Tíñan que investigar sobre un animal do noso entorno e ver como interactúa co ser humano, e como nos favorecemos e perxudicamos mutuamente.

Un animal moi descoñecido e con moi mala imaxe, pero moi importante para a nosa biodiversidade.

Estruturas de ruliños de papel

Como proxecto de taller, para condensar e asimilar os coñecementos de debuxo técnico e estruturas, o alumnado de 2ºda ESO, construíu estruturas de ruliños de papel.

Debían pesar menos de 250 gramos, e non superar as dimensións de 20x25x28 cm,

Só poderían estar formadas de papel, cartón e pegamento.

Para conseguir superar o desafío, estas estruturas deberían soportar como mínimo 45 kg (45000 g) de peso.

A proba de carga, consistía en ir poñendo, pouco a pouco, enriba delas libros de texto. 

Algunhas das estruturas soportaron o peso de alumnos!!!

Gran traballo rapaces!!

Album de fotos

Xornada de divulgación sobre os "morcegos"

Roberto Hermida, Doutor en Bioloxía que pertence a Asociación "Drosera"  para o estudo e conservación do medio natural, estivo no CPI de Atios, 

ofrecendonos unha charla divulgativa sobre os "morcegos" unha especie ameazada en Galicia, un animal tan descoñecido coma imprescindible no noso ecosistema,

pois trátase dun mamífero voador, gran controlador de plagas de insectos, importante polinizador e excelente dispersador de sementes.

En definitiva, un animal importantísimo no noso ecosistema, e que axuda a conservar a biodiversidade da paisaxe.

A continuación ensinounos a construír caixas refuxio para os morcegos, que instalamos no patio.

Máis información na páxina "morcegos de galicia"

Repartíronse comecocos sobre morcegos entre todo o alumnado.

Hai unha unidade didáctica "morcegos de galicia" para traballar o tema na aula.

Esta iniciativa partiu do equipo de robótica "FrouxiMakers" que están elaborando o seu proxecto científico "Adopta morcegos, nin somos feos, nin somos cegos" para a súa participación na First Lego League Galicia, o vindeiro 18 de febreiro , no Auditorio de Ferrol.

Tamén fixeron unha enquisa para averiguar o que coñecemos sobre os morcegos, si o desexas, podes averiguar que é o que coñeces sobre os morcegos premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut