O C.P.I As Revoltas está no Concello de Cabana de Bergantiños ocupa parte do fondo da ría de Corme e Laxe, dende Ponteceso ata o extremo oriental da praia de Laxe. A estrada comarcal 552, de A Coruña a Fisterra, toca o término municipal no seu extremo sur por A Piolla e Nantón.
Dentro das características xerais das Rías Altas, ao municipio de Cabana correspóndelle a parte máis doce, pola súa posición no fondo da ría, non tendo nada que ver co aspecto rudo e temido da Costa da Morte.
Pódese dicir que Cabana, dentro da Terra de Bergantiños á que pertenece, é un balcón sobre a ría de Corme e Laxe, e mira de lonxe a dita Costa da Morte. Pero ademais de ser un municipio costeiro, as terras de Cabana penetran considerablemente cara o interior.
O nome do concello foi orixinariamente Cesullas, parroquia onde estaba a aldea de Cabana, capital municipal, antes de pasar a O Bosque. A Casa Consistorial atópase na actualidade na ribeira da ría no lugar de A Carballa.
Dende o punto de vista monumental destaca o Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro. Tamén ten detalles interesantes as igrexas de Cánduas, Cesullas e Riobó; ademais da espectacular torre de A Penela, ao sur da parroquia de Silvarredonda.
Entre as populares festas de cada parroquia que se suceden case sen interrupción durante os meses do verán, chama a atención pola súa orixinalidade a de San Fins de Castro, en Cesullas, o día primeiro de agosto.
Como chegar?