1º PREMIO NO CONCURSO COMUNICATEDU

 A Dirección do CPI As Mirandas quere dar a coñecer e enviar os seus parabéns ao equipo de alumnado de 3º de  ESO, formado por: Uxía Mesías Hevia, Sofía Cao Gorgullo e Sergio Pena León coordinados polas profesoras Mª Jesús Mourazos González e Mª Luísa Corredoira Gómez,  gañador do 1º premio do ComunicaTedu, Concurso convocado pola Consellería de Cultura e Educación que ten como obxectivo o afondamento na adquisición da competencia en comunicación lingüística do alumnado da ESO. Nesta primeira edición o alumnado debería argumentar sobre a alimentación como hábito de vida saudable, así   os estudantes poderán mellorar as súas competencias orais no discurso público, ao tempo que se favorece a adquisición de competencias clave como a lingüística, a dixital ou espírito emprendedor; se fomenta o uso do rexistro formal na linguaxe, se afonda no razoamento ético e crítico na defensa das propias ideas e na construción da mensaxe, e se desenvolven destrezas para a investigación e a xestión da información. Así mesmo, este certame fomenta o traballo interdisciplinario e colaborativo e a abordaxe das metodoloxías activas na adquisición do coñecemento.

O que fixeron todos os rapaces de 3º e os de 4º de Bioloxía e Xeoloxía foi elaborar un ensaio expositivo argumentativo, memorizalo e posteriormente gravalo en toma única. A nosa compañeira Yoli prestou os seus medios e presencia para a gravación.   Todos os rapaces foron avaliados de dous xeitos: os textos avaliaronse coa rúbrica conxunta dos departamentos de Lingua Galega e de Bioloxía-Xeoloxía, presentada ao concurso, mentres que a exposición oral avaliouse coa rúbrica cedida pola consellería.
proxecto desenvolveuse en catro semanas durante 19 sesións nas materias de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, e coa cesión de catro sesións de Titoría nos niveis de 3º e 4º da ESO coa participación de todo o alumnado matriculado nestes dous niveis.  Os profesores participantes foron: Mª Jesús Mourazos, coordinadora, profesora de Bioloxía-Xeoloxía e Luísa Corredoira, profesora de Lingua Galega de 3º ESO. Tamén tivo uha pequena parte de colaboración Anxo X. Rajó, profesor de Lingua Galega de 4º da ESO . As titoras Mª do Rocío Pena, Mª Jesús Mourazos, Vicenta de la Fuente e Eva Chans, e o resto dos compañeiros participaron á hora de ceder as súas horas lectivas.
Preséntáronse tres grupos: Un de 3º de ESO, coa participación de 2 rapazas e un rapaz, e dous de 4º de ESO, coa participación en cada grupo de 2 rapazas e un rapaz. A continuación móstranse os rapaces participantes, os títulos dos seus traballos e a ligazón aos seus vídeos.
Grupo 1 - Uxía Mesías, Sergio Pena e Sofía Cao (3º E.S.O.)
 
Grupo 2 - Icía Bermúdez, Verónica Rodríguez e Álvaro Freire (4º E.S.O.) ;
 
Grupo 3 - Yasmina Martínez, Vera Candal e Borja Díaz (4º E.S.O.);

ENVÍO O ENLACE DA CONVOCATORIA

DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS CENTROS ELIXIDOS

O dia 25 de maio na Cidade da Cultura, o
 Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse esta mañá ata o evento onde compartiu uns intres cos protagonistas desta primeira xornada: os estudantes finalistas dos premios ComunicaTedu, unha iniciativa do seu departamento dirixida a impulsar as competencias orais activas do alumnado. O titular de Educación felicitou aos rapaces e rapazas polo seu traballo e agradeceu aos docentes a súa aposta por “fomentar unha aprendizaxe lúdica, rachando con tópicos como que a biblioteca ou a escola son lugares aburridos”. Rodríguez reiteraba así a súa aposta por un modelo educativo innovador e inclusivo “no que aprendizaxe sexa lúdica, e o lúdico sirva para a aprender”.

 

 

 Presentaron no Gaiás os seus proxectos discursivos 10 equipos de estudantes de ensino secundario procedentes de seis centros de ensino –CPI As Mirandas de Ares, CPI Cruz do Sar de Bergondo, IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, IES Chamoso Lamas do Carballiño, IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra e IES Carlos Casares de Vigo–, así como os profesores encargados de coordinar os seus proxectos. De entre todos foron premiados os tres mellores discursos, galardóns que recaeron no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas (3º), o IES Carlos Casares de Vigo (2º) e no CPI  As Mirandas de Ares (1º premio). O director xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e a responsable do Centro de Emprendemento do Gaiás, Berta Álvarez-Buylla, entregaron os galardóns.

Parabéns polo excelente traballo!

 

 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO CONCURSO