II FEIRA DENDE ARES CARA AO MAR
A Dirección do CPI As Mirandas, convida a participar na 2ª Feira Dende Ares cara ao mar. Estará aberta ao público, en xeral, o luns 21 de maio a partir das 16:00 e ata as 18:30h.
Todo o alumnado do centro, desde os cursos de Infantil ata Educación Secundaria, involucrouse na
preparación desta actividade, na que haberá un total de 14 stands -estes instalaranse no pavillón do
centro. Neles os alumnos e alumnas amosarán os variados traballos realizados nos últimos meses.
Haberá,pois, actuacións musicais, bailes, xogos e obradoiros de papiroflexia, pintura, confección
de nos mariños ou de maquillaxe, entre outros. Non faltará tampouco unha sesión de
contacontos dramatizado polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria ou unha exposición de
robótica a cargo de profesorado e alumnado dun ciclo formativo do CIFP Ferrolterra.
O programa de actividades iniciarase ás 10 :15 horas cun acto de inauguración na Sala de Usos
Múltiples do centro ao que asistirán o secretario xeral da Consellería de Educación, Anxo Lourenzo; o
inspector de Educación da zona de Ferrol, Manuel Tigrás; o alcalde de Ares, Julio Iglesias;
a presidenta da ANPA e representantes da asociación Amigos de Santa Catalina e Casino de Ares,
entre outros coa emisión do documental «Marea de mulleres», que contará cunha breve introdución
por parte do alumnado de 4º de ESO que participou na súa gravación. A sesión estará dirixida ao
alumnado de 1º de ESO e convidados.
Non faltará a GlobalMuiñeira bailada por todo o alumnado e persoal do centro.
A programación contará ademais coas exposicións de traballos «Habitantes do mar, Acuario e Ciclo
da auga», «Amares», «Dende Ares cara ao mar», «Amar a Mares» ou as mostras fotográficas
«Dende Ares cara o mar» así coma unha de libros do mar.
Os máis pequenos estudaron os peixiños do mar mentres que o alumnado de Primaria centrouse nas
diferentes receitas elaboradas con produtos do mar (polbo ou caldeirada de peixe, entre outras)
. Finalmente, os cursos da ESO adicáronse á gravación do documental «Marea de mulleres» e á
elaboración dun mapa-guía interpretativo de recursos etnográficos, históricos e naturais do Concello
de Ares. Neste senso, o alumnado de 4º de ESO convertirase en guías turísticos e levará ao
alumnado de 1º e 3º de Secundaria a unha ruta por Ares, aplicando o aprendido na clase de
Economía e o mapa guía elaborado por eles no marco do proxecto para a posta en valor dos
principais elementos etnográficos, naturais e históricos do concello de Ares “Desafío Emprende”.
A II Feira Dende Ares cara ao Mar conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria ;a Deputación de A Coruña a Concellería de Turismo e Educación de Ares;
a ANPA do CPI As Mirandas, Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Bibliotecas Escolares de
Galicia.
Agradecemos enormemente a impllicación do alumnado, profesorado e persoal non docente así como aos que se achegaron ao centro, familias, persoas de Ares que, deseinteresadamente, compartiron a súa experiencia, donaron materiais e fóron fonte de inspiración para nós, puidendo así dotar de recursos esta Feira.
Convidamos a todos os que querades vir a celebrar este día connosco, pasarédelo en grande!!!