ACTIVIDADES NO CENTRO NESTA SEMANA E PARA REFORZAR NAS VACACIÓNS

No CPI As Mirandas tivemos varias actividades relacionadas coa colaboración entre diferentes institucións: CONCELLO, AMIGOS DE STA. CATALINA, FUNDACIÓN ABANCA das que presentamos as reportaxes nos seguintes enlaces e tamén propuxemos actividades do centro, como o PREGUNTÓN e outras organizadas por outros estamentos como a NASA.

 

  • OBRADOIRO SOBRE AS VELUTINAS .COLABORACIÓN CPI AS MIRANDAS-CONCELLO DE ARES . Animamos a todo o alumnado, familias a participar na redución e/ou eliminación desta especie que está acabando coa nosa especie autóctona tan importante para a polinización. Colocade as trampas nas vosas casas e contarnos ao final do curso as vosas capturas!!! Agradecemos ao persoal do Concello por esta iniciativa.

 

  • CHARLA DO XORNALISTA ERNESTO SÁNCHEZ POMBO SOBRE OS VALORES DA COMUNICACIÓN. O xornalista e colaborador de La Voz de Galicia, Ernesto Sánchez Pombo, impartiu unha charla centrada nos valores da comunicación e do xornalismo ao alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas. Agradecemos a Ernesto a súa excelente intervención e comunicación:  "a obxectividade pola que loitamos os xornalistas é sinónimo de democracia ".

 

  •  VISITA A STA. CATALINA. O alumnado de 1° EP participou nunha plantación de buxo o pasado día 21 de marzo grazas á colaboración  dos Amigos de Sta Catalina tal como ben sendo habitual cada ano para festexar o comezo da primavera. 

 

 

Por terceiro ano consecutivo o noso centro  está a participar  no programa «Fálame da emigración», de Afundación (Fundación Galicia Obra Social), un encontro interxeracional entre maiores e estudantes no que os maiores e alumnas e alumnos dialogan sobre vivencias na emigración. Este  proxecto ten tres obxectivos fundamentais: que as persoas maiores transmitan os seus coñecementos e experiencia, que o noso alumnado se beneficie do legado das persoas maiores e que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe favorecendo en todos os casos o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.

Neste encontro tivemos con nós a Sara, Ezequiel e Carmen que compartiron con todos nós as súas experiencias en Suiza, Canadá e Arxentina

 

  • COMEZAMOS Á VOLTAS CO PREGUNTÓN, nesta edición a VII considermaos fundamental centrar a súa temática METEOROLOXíA dentro do Plan Proxecta que estamos levando a cabo. Animamos a todo o alumnado dende 4º EP ata 4º de ESO a participar!!! 

 

 

 

  • A MENTE NAS NUBES

    BÓTATE Á RÚA A CAZAR NUBES: A NASA NECESÍTATE

    Calquera cidadán cun Smartphone pode formar parte do programa GLOBE onde nos piden que esteamos atentos ao ceo.

    Un reto dispoñible ata o vindeiro 15 de abril

     
     



    Para todos os que aman a meteoroloxía, este proxecto vaivos

    encantar. Nós que estamos tan pendentes das temperaturas,

    do vento, de cando chove… e as nubes?, A súa forma? A súa

    cor? O seu tamaño?

    A NASA pídevos que teñades as nubes na vosa mente co voso móbil coma principal ferramenta.

    Coa chegada da primavera hai unha maior actividade de nubes no ceo. Por iso, a NASA pide a todos os científicos do mundo de calquera idade, que presten atención ás nubes destas vindeiras semanas, fotográfenas e subánnas a unha aplicación creada para isto, chamada

    GLOBE (Global Learning and Observations to Benefit de Enviroment).

    O obxectivo da axencia é o de medir a eficacia do seu proxecto “Nubes e Sistema de Enerxía Radiante Terrestre (CERES).” Unha plataforma mediante a que a NASA estuda o papel das nubes no cambio climático.

    COMO COLABORAR COA NASA

    * Para poder participar, terás que ir primeiro á paxina web da NASAe introducir os teus datos. Grazas a iso poderás descubrir cando pasarán os satélites de CERES pola túa zona. Unha vez feito isto só terás que descargar a aplicación GLOBE Observerdende onde poderás consultar a situación de cada satélite en tempo real e compartir coa NASA as fotografías que teñas sacado.

    * Podedes subir ata 10 fotografías ao día ata o vindeiro 15 de abril e os que máis consigan formarán parte dun vídeo de agradecemento que está a preparar o proxecto e que poderá verse na súa páxina web e en redes sociais.

    * Cando as subas, terás que explicar tamén de que cor era o ceo cando tomaches as fotografías, cal era a visibilidade e que tipo de nubes se distinguen na imaxe.

    Non necesitades ser uns grandes xenios para formar parte deste proxecto, así que si vos chama a atención, xa sabedes, botádevos á rúa e poñédevos a cazar!!!