Manuel Manquiña visita o C.P.I. As Mirandas!!!!!!
Dende o Departamento de Música e de EPVA organizouse unha charla, dentro do programa EDUMOTIVA da Consellería, sobre “Como desenvolver unha traxectoria profesional no mundo do teatro”.
Manquiña é actor de cine e teatro, cantante, presentador de TV, monologuista e produtor. Ten unha longa traxectoria cinematográfica. É coñecido polos seus papeis protagonistas nos filmes Airbag(1997), pola que foi candidato ao Premio Goya como mellor actor revelación, e Atilano, presidente(1998). Os seus traballos máis recentes na TVG son a súa participación actoral na serie de humor Era visto!(que foi recoñecida cos Premios Mestre Mateo en dous anos consecutivos) e o programa O gato con botas, do que é presentador e no que entrevista a figuras de actualidade.
A experiencia, que levouse a cabo o 23 de xuño, foi moi divertida e participativa para o alumnado. Os rapaces puxéronse na pel dos actores e reviviron experiencias do propio actor...profesional, moi profesional!!!
Creo que explicamos ben o “concepto”...