PARABÉNS A NOSA ALUMNA VERÓNICA!!!. GAÑADORA DO 1º CONCURSO DE RELATO CURTO:"MÚSICA, LÍNGUA E VALORES"

A Comunidade Educativa do CPI As Mirandas felicita á nosa alumna de 3º de ESO VERÓNICA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ por ser a gañadora por unanimidade  do 1ºPremio do  Concurso de Relato curto, organizado pol Asociación Nacional de Directores de Banda e a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, ao seu Relato "ELA", pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte. 

O premio é especial e innovador: A organización encargará a un recoñecido compositor galego a musicalización do relato no formato “Narrador e Banda Sinfónica”. A partitura (máis o texto) editarase e será estreada pola Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia na súa vindeira xira 2017, no mes de agosto. Á gañadora convidarase a participar nos ensaios e concerto de presentación da obra; no que se lle fará entrega dun diploma así como de exemplares editados da mesma. A composición distribuirase para que poida ser interpretada por todas as bandas de Galicia.

PARABÉNS, VERÓNICA!!

AdxuntoTamaño
NP. Fallo do Concurso de Relatos. Música, Lingua e Valores.pdf193.26 KB