SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O CPI Conde de Fenosa realizou diferentes actos co alumnado con motivo da celebración do Dia das Letras Galegas.
1.- ACTO MUSICAL REALIZADO NO CASINO DE ARES O MARTES 13 DE MAIO:
CHEGOU A MAROLA A ARES
PRÉSTANOS SES
Pero quen é SES? Preguntan os rapaces da ESO. Escoitamos algunha canción, vemos algún vídeo, case aprendemos as estrofas suxerentes de “Milonga de aquí ” e de “Se cadra”. Si, … canta moi ben, ten boas letras, … si, pero temos que ir vela?
O excepticismo, mesmo a resistencia previa foi amolecendo ao pouco de iniciarse o concerto. A viveza dos ritmos variados; o lirismo poético; as letras provocadoras, directas e descaradas; os acoples das guitarras; ... foron atrapándonos, envolvéndonos como o arrolo das ondas que entraban polas ventás da cristaleira do Casino.
SES non é só música, é unha activista social, unha convencida defensora do papel feminino, unha rebelde contra todo tipo de submisión e estereotipos. Cóspelle aos clixes sociais. Chámalle ás cousas polo seu nome. Tanto nas cancións como nas presentacións, déixao claro.
O estilo inconfundible vai quedar gravado na memoria xuvenil. Cando entra a marola na baía deixa sinais, pegadas que nos prestan.
2.- EXPOSICIÓN DO TRAXE TRADICIONAL NA BIBLIOTECA
Dende o 13 ata o 23 de maio permanecerá aberta a exposición do traxe tradicional na Biblioteca.
3.- Actuación musical a cargo de Teresa, Elena , Emilio e José Ramón Camaño .
Viñeron o pasado día 16 de maio desinteresadamente a tocar para nós na hora do recreo e acompañarnos así, nesta semana das Letras Galegas. Fixeronnos bailar e brincar como só os bos ghaiteiros saben facer.
Dende a Dirección queremos agradecerlles o seu traballo e a cesión dos complementos e traxes da exposición.