Eventos
O venres 25 de febreiro festexamos o Entroido no noso CPI!! En Infantil e Primaria os disfraces peregrinaron polo centro e a troula estivo asegurada. En Secundaria recuperamos o tradicional Festival, que se celebrou nas dúas últimas sesións da mañá; foi unha boa ocasión para que o noso alumnado puidese mostrar a súa creatividade e as súas dotes artísticas. Velaquí tedes o vídeo para que gocedes duns momentos alegres e divertidos! |
O 8 de marzo é unha data sinalada para visualizar a desigualdade de xénero que, por desgraza, aínda existe na actualidade. Tamén é unha boa ocasión para reivindicar a loita pola igualdade efectiva de dereitos para as mulleres en tódolos ámbitos. Os equipos de dinamización do noso centro súmanse a esta reivindicación organizando diversas actividades que permitan concienciar ao noso alumnado sobre este tema.
"Feminista é toda persoa que recoñece a igualdade e a plena humanidade de mulleres e homes" (Gloria Steinem, xornalista e escritora estadounidense)
|