Eventos
O 20 de novembro é o día adicado á Infancia e aos Dereitos d@s Nen@s. Para conmemorar esta data e sensibilizar ao noso alumnado, leváronse a cabo diversas actividades en todas as etapas educativas, dende a exposición de murais, ata a realización dunha coreografía sobre a canción Teño dereitos, pasando por debates, presentacións e xogos de rol nos que @s nos@s rapaces e rapazas coñeceron os seus Dereitos e se solidarizaron con aqueles que non poden gozar dos mesmos. - Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares- |
Un ano máis, a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto sumouse á loita contra a violencia de xénero e para poñer de manifesto a nosa repulsa e mostrar a nosa unión leváronse a cabo as seguintes actividades: - Acto simbólico no que todo o alumnado e todo o profesorado alzou as mans baixo o lema "As mans para loitar, non para ferir! A fala para acariñar, non para anular!", tirado do conto creado por Yolanda Neira, Alén loita e acariña, lido e traballado en todas as etapas ao longo do mes de novembro. - O alumnado de Educación Infantil participou no contacontos Arturo e Clementina. - O alumnado de Educación Primaria traballou con diversas curtametraxes e cancións relacionadas coa temática da violencia de xénero. - O alumnado de Educación Secundaria asisitiu ao recitado de lemas e poemas e a exalumna Marina Vidal e Mario, de 3º de ESO, puxeron o broche musical a este día de reivindicación e de unión contra a violencia de xénero.
Podedes ver un resumo do acontecido premendo no lazo violeta: |
"Sexamos capaces de crear un mundo para tod@s" O Equipo de actividades complementarias e extraescolares quere sensibilizar ao alumnado do noso CPI para que entendan o papel fundamental que xoga cada individuo á hora de crear un mundo máis xusto e no que todas as persoas nos sintamos aceptadas, integradas e exista igualdade de oportunidades para tod@s. Para isto, o venres 3 de decembro leváronse a cabo as actividades que se recollen nesta ligazón.
|
O alumnado de 2º e 4º de ESO participou nas seguintes actividades organizadas polos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais e que se levaron a cabo o 13 e o 15 de decembro: - Visita ao Pico Sacro co xeólogo Fran Canosa que, ademais, impartiu un obradoiro sobre minerais no noso centro. - Visita ás instalacións da canteira de Serrabal. |
O luns 13 de decembro o alumnado de 3º de ESO participou en "Hai saída grazas a ti", un encontro-debate sobre a abordaxe da violencia de xénero. Esta actividade vén proposta pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. |