O martes 5 de novembro o profesor de Xeografía e Historia, natural deste municipio, Severino Fernández Abel, impartiu unha charla ao alumnado de 3º e 4º de ESO sobre o Carlismo, co gallo da publicación do seu libro Unha matanza esquecida. Gastrar e Vigo (Boqueixón). Historia dun escarnio durante a primeira guerra Carlista. Nela o autor fai unha investigación a partir da transmisión oral do seus antepasados.
Grazas Severino por ilustrar ao noso alumnado. Algún deles con antepasados familiares entre as víctimas.
|